Declaración de accesibilidade
POLÍTICA DE ACCESIBILIDADE
A empresa Autotek Santomé SL
comprometeuse a facer accesible o seu sitio web de conformidade co Real decreto 1112/2018, do 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público, ou desenvolvementos financiados desde Europa.
Esta declaración de accesibilidade aplícase ao sitio web , excluíndo os contidos incrustados procedentes doutros dominios.
SITUACIÓN DE CUMPRIMENTO
Este sitio web é Parcialmente Conforme co RD 1112/2018 debido á falta de conformidade dos aspectos que se indican a continuación.
CONTIDO NON ACCESIBLE
O contido que se recolle a continuación non é accesible polos seguintes motivos:
- Falta de conformidade:
- Algunhas páxinas non teñen o título definido correctamente - Requisito número 9.2.4.2 Titulado das páxinas da UNE-EN 301549:2022
- Pode haber algunhas imaxes cuxa alternativa non estea implementada ou non sexa correcta - – Requisito 9.1.1.1 Contido non textual UNE-EN 301549:2022
- Pode haber encabezados pouco claros ou breves, ou que non deberían ser encabezados – Requisito número 9.2.4.6 Encabezados e etiquetas da UNE-EN 301549:2022
- Pode haber campos de formulario cuxa etiqueta non sexa correcta ou non exista – Requisito número 9.2.5.3 Inclusión da etiqueta no nome da UNE-EN 301549:2022 e requisito 9.3.3.2 Etiquetas ou instrucións da UNE-EN 301549:2022
- Podería haber erros puntuais de edición nalgunha páxina web.
- Carga desproporcionada: Non resulta aplicable.
- O contido non entra no ámbito da lexislación aplicable.
Podería haber ficheiros ofimáticos en PDF ou noutros formatos publicados antes do 20 de setembro de 2018 que non cumpran integramente todos os requisitos de accesibilidade.
Pode haber contidos de terceiros que non estean desenvolvidos por esta Unidade nin baixo o seu control, como ficheiros ofimáticos de diferentes organismos que deban publicarse neste sitio.
OBSERVACIÓNS E DATOS DE CONTACTO
Pode realizar comunicacións sobre requisitos de accesibilidade [artigo 10.2.a) do RD 1112/2018] como, por exemplo:
- Informar sobre calquera posible incumprimento por parte deste sitio web.
- Comunicar outras dificultades de acceso ao contido.
- Formular calquera outra consulta ou suxestión de mellora relativa á accesibilidade do sitio web, poñéndose en contacto con Autotek Santomé SL.
Pode presentar:
- Unha queixa relativa ao cumprimento dos requisitos do RD 1112/2018
- Unha solicitude de información accesible relativa a:
- Contidos excluídos do ámbito de aplicación do RD 1112/2018, segundo o establecido no artigo 3, apartado 4.
- Contidos exentos do cumprimento dos requisitos de accesibilidade por supoñeren unha carga desproporcionada.
Na solicitude de información accesible débense concretar con toda claridade os feitos, as razóns e a petición que permitan constatar que se trata dunha solicitude razoable e lexítima.
